Friday 03 de May de 2024

O Campionato Territorial Norte de Bateis disputarase na Pobra nesta fin de semana


As augas da dársena do peirao comercial da Pobra do Caramiñal volverán ser escenario dunha cita co remo con motivo do Campionato Territorial Norte de Bateis, que terá lugar nesta fin de semana e contará coa participación dunha ducia de clubs. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e Adrián González e Carmela Fernández, no nome do Club Remo Puebla.

As regatas eliminatorias comezarán a partir das 16.30 horas do día 16, onde os equipos competirán por se clasificaren para a final que se disputará no 17 de abril, das 11.00 horas en diante, que tamén é clasificatoria para o Campionato Galego. Repartiranse medallas entre os tres primeiros equipos das categorías participantes: alevín/alevina, infantil, cadete, xuvenil e absoluto, tanto na modalidade feminina coma na masculina.

A entidade deportiva pobrense participará cun total de 10 equipos, un por categoría agás na cadete feminina, pero cun segundo equipo filial en cadete masculino baixo a nomenclatura Regatas Pobra.

No desenvolvemento deste evento deportivo seguirase o protocolo establecido por mor da COVID-19.

Organiza o Club Remo Puebla e a Federación Galega de Remo, coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal e a Protección Civil.